Crónica del sur de Lugo

Abre a nova campaña de actividades na Piscina Municipal de Monforte

A Piscina Municipal pode utilizarse de xeito libre, ou anotándose nos cursos de natación e na actividade de ximnasia acuática. GPCM

A Piscina Climatizada Municipal de Monforte arrancará en outubro os cursos de natacións e as actividades dirixidas, cun total de 441 prazas. Esta oferta súmase ás 240 que o Concello dispón para as Escolas Deportivas Municipais.

CURSOS DE NATACIÓN DENDE O 1 DE OUTUBRO
En canto aos cursos de natación, as inscricións abren o 19 de setembro, e as sesión comezarán o primeiro de outubro con varias modalidades. O curso para bebés vai dirixido a cativos entre 6 meses e 3 anos, con tres horarios diferentes repartidos en dúas sesións de luns a xoves. O curso para cativos de 3 a 5 anos ofrece catro horarios a escoller, tamén en dúas sesións de luns a xoves. Para rapaces e rapazas de 6 a 12 anos, ofrécese un formato similar de opcións. As tres modalidades desenvólvense sempre pola tarde.

Ao longo de todo o día, hai ata nove horarios diferentes nos cursos para maiores de 12 e adultos, repartidos en dúas sesións de luns a xoves. Este curso tamén se pode realizar nunha única sesión semanal os venres, con dúas quendas de mañá e outras dúas pola tarde.
En ximnasia acuática para maiores de 16 anos, os socios poden anotarse dende o 19 de setembro, e os non socios dende o 23. As sesións desenvolveranse os luns e mércores ás 10:00, e os martes e xoves ás 9:45 horas.

XA EN MARCHA AS ACTIVIDADES DE SALA
As actividades en sala que ofrecen as instalacións da Piscina Municipal arrancan o 16 de setembro, con aero-step, aerobike, ximnasia de mantemento, body training, pilates e en forma, todo para usuarios a partir de 16 anos.
Dende a Concellería de Deportes salientaron que os socios da Piscina Municipal poden desfrutar de balde de todas as actividades durante setembro.

OUTROS SERVIZOS
Neste complexo deportivo, tamén se pode facer uso libre da piscina e do ximnasio, ademais de xestionar o aluguer das pistas municipais de tenis situadas na Pinguela.

INFORMACIÓN E INSCRICIÓN
Todas as inscricións deberán realizarse nas propias oficinas da Piscina Municipal, situada na Estrada de Sober. Tamén se pode solicitar información no teléfono 982 403809, ou a través do enderezo electrónico infomonforte@alacerocio.com.

ABRE TODOS OS DÍAS, INCLUSO DOMINGOS E FESTIVOS
As instalacións da Piscina Municipal están abertas de luns a venres en horario de 7:30 a 14:00, e de 15:00 a 23:00 horas. Os sábados abre de 10:00 a 14:00 e de 18:00 a 22:00 horas. Os domingos e festivos, o horario é de 10:30 a 14:30 horas. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre DEPORTES

Ir a Inicio