Campaña de Tráfico contra as distraccións ao volante

A vixilancia e control deste tipo de situacións desenvólvese na provincia de Lugo do 16 ao 22 de setembro

A subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, xunto ao xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez, e o xefe do subsector de Tráfico da Garda Civil, capitán José Miguel Martínez, na presentación da campaña, a mediados de setembro. GPSGL

A Dirección Xeral de Tráfico, en colaboración coa Garda Civil, puxo en marcha este mes unha campaña de vixilancia e control das distraccións ao volante na provincia de Lugo. A campaña, que se desenvolve do 16 ao 22 de setembro, pretende alertar contra o grave risco que supón para a seguridade das persoas determinados hábitos como o uso do móbil durante a conducción.

CERO DISTRACCIÓNS PARA CONDUTORES E TAMÉN PARA PEÓNS
Na presentación da campaña, que tivo lugar a mediados de setembro, a subdelegada do Goberno en Lugo, Isabel Rodríguez, lembrou que, dende o ano pasado, morreron na provincia 13 persoas en accidentes causados por distraccións ao volante.
A subdelegada alertou de que este risco non só afecta aos condutores, senón tamén aos peóns. “O móbil é estupendo para pedir axuda no caso dunha emerxencia, pero usar o móbil mentres se conduce un vehículo ou se cruza unha rúa é un auténtico perigo”, destacou Rodríguez.

SETEMBRO E OUTUBRO, OS MESES CRÍTICOS NESTE TIPO DE SINISTROS
Este tipo de distraccións foron un dos factores concorrentes no 32% dos accidentes con vítimas mortais rexistrados en España dende o ano pasado, porcentaxe que chega ao 45% na provincia de Lugo. Nesta zona, os meses críticos foron setembro e outubro, con 9 mortos en 8 accidentes, nos que 5 tiveron como unha das causas as distraccións na conducción. Dende xaneiro, este factor influiu na terceira parte dos accidentes, cun balance de catro falecidos.
“COMPROMISO” DE TODOS OS USUARIOS DAS VÍAS PÚBLICAS
Na presentación da campaña, o xefe provincial de Tráfico, Ángel Álvarez, alertou do risco de confiarse coa volta á normalidade e aos roteiros coñecidos. O responsable provincial dixiriu esta mensaxe non só aos condutores, senón tamén aos peóns, chamando ao “compromiso de todos os usuarios das vías públicas” para reducir o número de vítimas mortais. Segundo datos de Tráfico, o uso do móbil durante a condución aumenta entre 3 e 4 veces o risco de colisión. Tras un minuto e medio de falar polo móbil, aínda co sistema de mans libres, o condutor deixa de percibir o 40% dos sinais.

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello da Pobra convida a andar o Camiño de Inverno en 10 domingos

Seguinte Nova

Abre a nova campaña de actividades na Piscina Municipal de Monforte

Últimas noticias sobre INICIATIVAS

A %d blogueros les gusta esto: