Crónica del sur de Lugo

Xa están operativas as novas instalacións da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte

O servizo da UAD funciona dende mediados de setembro no número 17 da Praza da Estación

A inauguración das novas oficinas da UAD contaron coa presenza do alcalde e varios concelleiros, xunto ao equipo directivo e persoal da Unidade. GPCM

O mércores 11 de setembro, quedaron inauguradas as novas instalacións da Unidade Asistencial de Drogodependencias (UAD) do Concello de Monforte, no número 17 da Praza da Estación. O servizo municipal trasladouse este mes ao coñecido como o cuarto de axentes do ADIF, deixando libre o seu anterior emprazamento no edificio de Sanidade, na Avenida de Galicia. A intención do Concello é destinar este inmoble, unha vez acondiocionado, como sede da nova Comisaría da Policía Nacional.

Na inauguración na nova sede da UAD, o alcalde, José Tomé,salientou que o traslado “permitirá dar un mellor servizo aos usuarios”, ao tempo que a plantilla da Unidade, integrada por sete persoas, “poderá traballar con máis comodidade e en mellores condicións”.

O acondicionamento do antigo cuarto dos axentes do ADIF para o uso da UAD supuxo unha renovación integral da planta Baixa do edificio. GPCM

O edificio no que está a UAD ten varias plantas, pero só se acondicionou a planta baixa, porque dispón de espazo suficiente para levar a cabo as funcións deste servizo con total comodidade. En 306 metros cadrados construídos, a superficie útil é de case 266 metros. Na reforma, renovouse completamente a división anterior dos espazos, para responder ás necesidades planteadas polo persoal e a dirección da Unidade. Finalmente, o proxecto concretouse en 14 espazos, con sala de espera, dous baños, sala de terapias, laboratorio, taller, almacén e sete despachos. A renovación estructural da planta baixa incluiu tamén unha nova instalación eléctrica, de saneamento e abastecemento, así como da carpintería de aluminio en portas e ventás.

As novas oficinas da UAD no Barrio da Estación permitirán dar un mellor servizo con máis comodidade para a plantilla do centro. GPCM

En total, o proxecto tivo un custo de 90.000 euros, financiados con aportacións do Plan Único da Deputación de Lugo e fondos propios do Concello.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio