50 municipios lucenses beneficiáronse das 150 obras realizadas nos obradoiros da Xunta

O delegado da Xunta en Lugo presentou o balance dos 20 obradoiros de emprego realizados no que vai de ano, nunha rolda de prensa celebrada en agosto. GPDTL

Este verán quedaron completados os 20 obradoiros de emprego que a Xunta organizou na provincia de Lugo, e que supuxeron máis de 150 obras de mellora en 50 concellos. Na presentación deste balance, o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, salientou que o Executivo autonómico investiu 5,6 millóns nestes programas, que deron emprego a case 500 persoas.
No sur da provincia, a Xunta desenvolveu cinco obradoiros. O programa «Dixitaliza Sarria»permitiu catro actuacións neste municipio, mentres que en Monforte acondicionáronse as instalacións da Escola-Obradoiro da Pinguela a través dun destes programas.
O obradoiro «Sillor IV», promovido polo Concello de Ribas de Sil, iniciou a construción do museo da Minería Romana, así como tres actuacións no municipio asociado de Folgoso do Courel, e outras tantas no de Quiroga.
En Carballedo, acondicionouses a área recreativa da Barrela, nun obradoiro de emprego conxunto co municipio de Chantada.
O obradoiro «Baliño 2» implicou aos concellos de Pantón, Sober e O Saviñao, e deu como resultado diversas melloras en espazos e servizos públicos dos tres municipios.
Así mesmo, Triacastela beneficiouse do obradoiro conxunto «Comarca de Ancares III», con dúas actuacións, e Taboada participou no «Ulla Miño V» con outros tres concellos. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Monforte homenaxeou o seu pasado xudeu no Día Europeo da Cultura Xudía

Seguinte Nova

Xa están operativas as novas instalacións da Unidade Asistencial de Drogodependencias de Monforte

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: