A mostra fotográfica de Mar López Sotelo sobre os esgrafiados chega a Monforte

A exposición, un percorrido gráfico polas pegadas desta técnica mural ao longo da Ribeira Sacra, pode verse na Casa da Cultura ata o 27 de setembro

A inauguración da mostra «Esgrafiados na Ribeira Sacra» tivo lugar na Casa da Cultura de Monforte o 4 de setembro. No centro da imaxe, a autora da exposición, Mar López Sotelo. (Foto: MONTERO)

Ata o 27 de setembro, a Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro acolle a exposición «Esgrafiados na Ribeira Sacra», unha colección de fotografías nas que a divulgadora cultural Mar López Sotelo propón un percorrido polas manifestacións máis singulares desta técnica mural na Ribeira Sacra.
A mostra itinerante, que iniciou a súa andadura no concello de Pantón, pode verse neste espazo cultural de luns a venres en horario de mañá e tarde. •

As fotografías de Mar López Sotelo rexistran unha boa mostra desta tradicional técnica de decoración de fachadas, que conta con singulares manifestacións na Ribeira Sacra. (Foto: MONTERO)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O 40% dos participantes no programa de emprego de Xunta e APEHL xa conseguiu un traballo

Seguinte Nova

Preto dunha vintena de actividades animaron a XXII Feira do Libro de Monforte

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: