Crónica del sur de Lugo

O 40% dos participantes no programa de emprego de Xunta e APEHL xa conseguiu un traballo

• O programa, en marcha ata novembro, conta cunha dotación de 250.000 euros da Consellería de Economía

O balance do programa deuse a coñecer na reunión de agosto do delegado da Xunta en Lugo, xunto aos representantes da APEHL, Cheché Real e María Castro. GPDTL

Representantes da Xunta e da Asociación de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL) fixeron balance da cuarta edición do programa integrado de emprego que están a desenvolver na provincia. Aínda en marcha ata mediados de novembro, o 40% dos participantes xa tiñan acadado un emprego en agosto. Segundo explicaron o delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, e o presidente da APEHL, Cheché Real, na reunión mantida a comezos de agosto, este ano mantense a porcentaxe de inserción laboral respecto ás tres edicións anteriores do programa.
O DIMO IV ofrece orientación laboral e formación en hostalería a un total de 100 desempregados, 70 dos cales participan nos cursos en Lugo, e os outros 30 en Monforte. Balseiro lembrou que a Consellería de Economía destina 250.000 euros a esta cuarta edición do programa, que aposta pola creación dun servizo de hostalería profesional e de calidade.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio