A Xunta promove o leite galego de calidade na Volta Ciclista a España

Estanse a repartir 3.200 briks de leite da marca de calidade Galega 100%, e folletos promocionais por varias etapas deste emblemático circuito

O público que asiste ás saídas da Volta Ciclista a España 2019 recibe briks de leite do selo Galega 100% con material promocional. GPXG

O leite, un dos produtos galegos máis destacados pola súa calidade, é un dos protagonistas dos puntos de promoción gastronómica instalados nas saídas de etapa da Volta Ciclista a España 2019. A Consellería do Medio Rural, a través da Asociación de Empresarios de Hostelería de Lugo (APEHL) reparte 3.200 briks de leite e diversos folletos promocionais para dar a coñecer o leite da marca de calidade Galega 100%. Este selo garante non só a procedencia do produto, senón tamén a súa elaboración dentro da nosa comunidade e mediante uns estándares de calidade diferenciada.

A iniciativa, que xa se realizou en anteriores edicións, deu visibilidade ao leite galego con selo de calidade en puntos como Onda, en Castellón, Valls, en Tarragona, ou Torrevieja, en Alicante.   

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Pobra do Brollón abrirá con Milladoiro unha nova edición de As Cores do Outono

Seguinte Nova

O 40% dos participantes no programa de emprego de Xunta e APEHL xa conseguiu un traballo

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: