Crónica del sur de Lugo

O rural de Sober disporá de seis novas áreas de ocio

As primeiras, en Matamá e Figueiroá, xa están completadas, e o Concello comeza as obras nas outras catro

O Concello xa rematou os traballos na nova área biosaudable e de lecer infantil en Matamá e Figueiroá. Na fotografía, o espazo de ocio en Matamá. GPCS

O Concello de Sober dotará a seis núcleos rurais de espazos biosaudables e de lecer infantil. As obras xa están rematadas nas áreas de ocio de Matamá e do barrio de Figueiroá, e esta semana comenzan os correspondentes traballos nos núcleos de A Vacariza e A Venda, situados na parroquia de Neiras, así como en Casaniño, de Santa Cruz de Brosmos, e en Santiorxo.

As catro instalacións en marcha, que incluirán unha zona con máquinas biosaudables e outra para xogos infantís, contan cun orzamento de 40.000 euros, financiados a medias entre o Concello de Sober e o GDR Ribeira Sacra-Courel.  

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio