Crónica del sur de Lugo

O Rally Ribeira Sacra estreará en Sober o seu trazado lucense

A proba do 21 de setembro será a primeira que pasará pola provincia de Lugo

A etapa soberina do Rally Ribeira Sacra 2019 disputarase o sábado 21 de setembro. (Foto: Pixabay)

A oitava edición do Rally Ribeira Sacra pasará este ano por terras lucenses. A etapa prevista para o sábado 21 de setembro levará a algo máis de 130 pilotos de toda España por un total de 9 quilómetros dentro do término municipal de Sober.

Segundo explicaron dende o Concello soberino, a proba do día 21 inclúe tres pasadas por un tramo que arrancará en Canaval para continuar por Pena Cabreira, Moradela, Moreda, Vilaescura, Rosende, Lama dos Campos e Millán, e con remate na Praza do Concello. Dende a organización cualificaron este percorrido, no que participará o piloto local Diego Pérez, de “rápido, bonito e seguro para os asistentes”. A primeira saída será ás 9:41 horas, e a segunda ás 13:50. A última pasada de vehículos está prevista para as 17:59.

Dende o Concello, entidade que financia esta etapa do Rally Ribeira Sacra 2019, salientaron o efecto de reclamo que terá a proba, para os aficionados ao motor e para o público en xeral. O alcalde, Luis Fernández Guitián, destacou “o alto nivel” deportivo da etapa, e o feito de que se desenvolva “por enclaves moi fermosos de Sober”.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio