Crónica del sur de Lugo

Arrancan os adestramentos da pretempada no CV Ribeira Sacra

As xogadoras de Primeira División aproveitan as mañás de setembro, aínda sen clases, para facer adestramento físico no Club Fluvial

Adestramentos matutinos no Club Fluvial de Monforte para as xogadoras de Primeira División do CV Ribeira Sacra. (Foto cedida).

As deportistas do CV Ribeira Sacra volven ao traballo, coa vista posta na liga de Primeira División. Na mañá do mércores 4 de setembro, iniciáronse as sesións de adestramento físico nas instalacións do Club Fluvial, que continuarán a partir do día seguinte con sesións técnicas pola tarde para todas as categorías, a cargo de Yoraxi Melean. Este calendario manterase nas dúas primeiras semanas de setembro, ata o comezo do curso académico, data na que se volverá á programación de adestramentos na tarde dos mércores, xoves e venres, xa no pavillón da Pinguela.

Dende o CV Ribeira Sacra agradeceron ao Club Fluvial a súa disposición para acoller estas sesións de traballo deportivo.

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio