Crónica del sur de Lugo

Conta atrás para desfrutar do Folión de Carros en Chantada

Imaxe de arquivo do Folión de Carros de Chantada, unha das celebracións máis emblemáticas do sur de Lugo. (Foto: MONTERO)

O mes de agosto trae unha intensa axenda de eventos en Chantada, en torno á celebración, o 24 de agosto, do Folión de Carros, unha das festas máis senlleiras de todo o sur lucense. Coas rúas do casco chantadino engalanadas para a gran cita festiva, veciños e visitantes poderán desfrutar de diversos eventos.

OLIMPIADAS RURAIS E CARRILANAS
O xoves 22 de agosto, a partir das seis da tarde, terá lugar unha nova edición das Olimpiadas Rurais. O parque Eloísa Rivadulla acollerá esta actividade, para a que hai que inscribirse na Casa da Cultura. Ao día seguinte, o venres 23 de agosto, será a quenda das tradicionais Carrilanas e motoplásticas, con saídas ás cinco e ás seis da tarde. Desta volta, a carreira ten carácter solidario, polo que os asistentes poden traer un quilo, ou máis, de alimentos non perecedoiros, que se entregarán á Cruz Vermella para a súa distribución.

CONCURSO FOTOGRÁFICO DO FOLIÓN
A organización do Folión ten aberto ata o 31 de outubro o prazo para enviar traballos ao II Concurso Fotográfico “As imaxes do Folión de Carros”. As instantáneas deberán tomarse durante a celebración da festa, e poderán participar todas as persoas maiores de idade que o desexen. Haberá tres premios, consistentes en trofeo e diploma.
Os traballos enviaranse por correo ao apartado postal número 12 de Chantada.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio