14 voluntarios participan no segundo Campo Internacional de Traballo na Pobra do Brollón

• Os mozos e mozas chegados de Rusia, Francia e do resto de España colaboran nos traballos arqueolóxicos do Castro de San Lourenzo

Foto de grupo dos voluntarios que participan no Campo Internacional de Traballo no Castro de San Lourenzo, no municipio da Pobra do Brollón. GPCPB

Do 5 ao 14 de agosto, un grupo de 14 mozos e mozas de entre 18 e 30 anos están a participar no Campo Internacional de Traballo, que se desenvolve no xacemento arqueolóxico do Castro de San Lourenzo, na Pobra do Brollón. Esta é a segunda edición dunha iniciativa que financia a Xunta de Galicia coa colaboración do Concello da Pobra.
O equipo de voluntarios está integrado por un francés, tres rusas e dez españois, procedentes de diversos puntos do Estado, acompañados por tres monitores, dous deles galegos e unha brasileira.

Os voluntarios traballan ás órdenes do arqueólogo Xurxo Ayán, na escavación medieval do Castro de San Lourenzo. GPCPB

MERGULLARSE NO PROCESO DE ESCAVACIÓN ARQUEOLÓXICA DUN RECINTO MEDIEVAL
Os participantes no Campo de Traballo realizan tarefas de apoio dentro do proxecto arqueolóxico que se realiza na escavación do Castro de San Lourenzo. Xunto aos arqueólogos que dirixe Xurxo Ayán, os voluntarios están a coñecer de primeira man as características dos traballos de escavación da igrexa e camposanto medievais do castro, ademais das tarefas concretas que require este traballo.

TAMÉN PREPARAN UNHA ACTUACIÓN PARA A ROMARÍA DE SAN LOURENZO
Como xa se fixo na primeira edición do Campo, os voluntarios tamén axudan nos preparativos da Romaría de San Lourenzo, que se celebrará o 10 de agosto. A novidade desta segunda edición está na participación especial dos mozos e mozas na Romaría. Da man de Claudia Fidalgo, músico e bailadora, os voluntarios están a preparar unha actuación para contribuír á divulgación da cultura musical tradicional de Galicia con motivo desta romaría.
O alcalde da Pobra, Xosé Lois Maceda, valorou a labor dos voluntarios “que axudan enormemente nas tarefas do Castro”, ademais de “divulgar a riqueza patrimonial da Pobra”, e da repercusión “na hostelería e nos negocios locais” durante os dez días que dura o Campo.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Festa da Malla volve a Tuiriz por segundo ano consecutivo cun programa máis amplo

Seguinte Nova

Conta atrás para desfrutar do Folión de Carros en Chantada

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: