Crónica del sur de Lugo

Manuel Espiño amosa no Centro do Viño a súa visión pictórica do Camiño ao Outono

Manuel Espiño, na inauguración da súa exposición “Camiño ao Outono” no Centro do Viño de Monforte, o 26 de xullo. (Foto: MONTERO)

Ata o 26 de agosto, o Centro do Viño de Monforte acolle a mostra titulada “Camiño ao Outono”, de Manuel Espiño.

O OUTONO DE GALICIA, “A ESTACIÓN MÁIS BONITA”
O artista, nacido en Friol, reflexa na súa obra o aspecto das paisaxes da Ribeira Sacra e do Courel na estación do outono, “a máis bonita”, segundo o seu criterio, de todo o ano. Espiño sinte devoción polo outono galego, influenciado polo seu gusto pola pintura realista e impresionista.

GRAN CARIÑO POR MONFORTE E A RIBEIRA SACRA
Este amor polas cores irrepetibles que ofrecen as paisaxes de Galicia refórzase pola singular vinculación de Espiño por Monforte e a Ribeira Sacra. O artista de Friol mantén un gran cariño pola cidade do Cabe dende que fora o seu fogar provisional durante a mili, nunha experiencia que lembra como “moi gratificante”.

“RECORDO DA ESENCIA DUNHA GALICIA QUE VAI DESAPARECENDO”
Esta ollada, entre nostálxica e amorosa, pola paisaxe de Galicia, quere Espiño que permaneza na memoria da xente “como un recordo da esencia de Galicia que, pouco a pouco, vai desaparecendo”, en referencia ás cada vez menos numerosas carballeiras ou soutos.

PINTURA COMO EVASIÓN
Manuel Espiño iniciouse na pintura aos 18 anos, e dende a súa xubilación, intensificou a súa prática como forma de evasión. As obras deste pintor de Friol puidéronse ver en varios puntos da provincia de Lugo, e agora mesmo tamén no Castelo de Pambre, e en varios espazos de restauración. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio