A artesanía foi a gran protagonista da XVII Feira Tradicional Outrora en Rubián-Bóveda

•A xornada da feira do 14 animouse con música e danza tradicionais, e actividades para todos os públicos

O 14 de xullo, Rubián celebrou a Feira Tradicional Outrora, que leva 17 anos rescatando o ambiente das feiras galegas de finais do século XIX e comezos do XX. (Foto: PILI CHAOS)

O campo da feira de Rubián acolleu unha nova edición da Feira Tradicional Outrora de Bóveda, que recupera o espírito e o ambiente das feiras galegas de finais do século XIX e comezos do XX. O entorno da capela do Ecce Homo converteuse, durante a xornada do 14 de xullo, nun espazo histórico no que os visitantes puideron viaxar no tempo para lembrar os oficios tradicionais, as pezas de artesanía que serviron ás tarefas do campo e da casa galega, e participar en xogos que divertiron a varias xeracións nos últimos 100 anos. 

Os artesáns deron forma ás súas creacións nos diversos stands da Feira Outrora de Rubián-Bóveda. EC
O campo da feira de Rubián encheuse de postos de artesáns, que conviviron coas vendas habituais da feira do 14 nesta parroquia de Bóveda. EC
Os visitantes puideron coñecer as pezas elaboradas polos especialistas en máis dunha ducia de técnicas artesanais, e adquirir obxectos feitos á man para uso cotián. EC
O público amosou gran interese polo traballo dos artesáns, que realizaron demostracións en vivo dos oficios tradicionais. EC
Os máis novos atrevéronse a probar a súa habilidade no posto do ferreiro e no minucioso traballo do coiro. EC
Os artesáns explican aos visitantes as características do seu traballo, ao tempo que van compoñendo a historia duns oficios rescatados do pasado para ser postos en valor de cara ao futuro. EC
As pezas de olería de Gundivós gozaron de gran demanda nos fogares do sur de Lugo. O artesán soberino Elías González amosou o proceso de traballo desta técnica, única en Galicia, nunha das demostracións da mañá na Feira Outrora. EC
Diversas formas de traballar o coiro estiveron presentes na XVII Feira Tradicional Outrora. EC
Os xogos tradicionais interxeracionais encheron a tarde de nostalxia e referencias a outros tempos. (Foto: PILI CHAOS)
O interior da Capilla do Ecce Homo de Rubián deixou impresionantes imaxes, durante a actuación da Coral Municipal de Bóveda. (Foto: PILI CHAOS)
A música animou o ambiente tamén na tarde da Feira Outrora de Rubián. A xornada festiva rematou coa degustación do isco no guizo. (Foto: MONTERO)
A explanada xunto á capilla de Rubián serviu como improvisado escenario, á sombra da arboreda, da Banda de Música de Foz, formación encargada este ano de animar a sesión vermú da Feira Outrora. EC
Produtos da contorna puideron adquirirse nos postos situados ao carón da capilla do Ecce Homo de Rubián. EC
Aproveitando a afluencia de público á Feira Outrora, instalouse un posto da campaña «Separar con xeito», coa que a Xunta quere concienciar á cidadanía da importancia da reciclaxe. EC
Unha versión creativa da reciclaxe estivo exposta en Rubián, amosando as posibilidades estéticas dos restos das latas de bebidas. EC
Non faltaron en Rubián os sons da música tradicional galega, da man da Banda Municipal de Gaitas do Concello de Bóveda. EC
Pola tarde, a recreación da malla tradicional supuxo unha viaxe no tempo ás tarefas colectivas das aldeas galegas. (Foto: MONTERO)
A malla xuntou a veciños de todas as idades na Feira Outrora. (Foto: PILI CHAOS)

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O Concello investirá case 100.000 euros no arranxo das rúas Chamoso Lamas e Benito Vicetto

Seguinte Nova

Máis de 1 millón de euros en axudas da Xunta a 126 beneficiarios lucenses para prevención de danos por incendios

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: