Crónica del sur de Lugo

Recepción no Concello de Bóveda ao xove nadador Juan Pontón Rodríguez, bronce no Campionato Galego junior

O deportista bovedense de Vilaboa, Juan Pontón Rodríguez, recibiu o recoñecemento do Concello de mans do alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, polos seus éxitos deportivos. Pontón vén de acadar a medalla de bronce no Campionato Galego junior de natación estilo mariposa. Na imaxe, a recepción no Concello, celebrada o 16 de xullo. CB

Bóveda celebrou os éxitos deportivos dunha das súas xoves promesas, cun acto celebrado no Concello a mediados de xullo. O nadador de Vilaboa Juan Pontón Rodríguez foi recibido polo alcalde de Bóveda, José Manuel Arias, logo de lograr a medalla de bronce no Campionato Galego junior de natación estilo mariposa.
Con este acto, recoñécese o palmarés deste xove deportista local, que este ano acadou tamén a medalla de prata no Campionato Galego de 50 metros libres, sendo o primeiro clasificado da súa idade. Pontón xa tiña subido ao máis alto do podio galego en 2018, cando logrou dous ouros na modalidade de 50 metros libres da categoría infantil.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio