Crónica del sur de Lugo

A Banda de Música de Sober cumpre 150 anos dando vida e identidade a un pobo

A Banda de Música de Sober xunto aos membros do grupo local Os Parentes, no concerto que ofreceron o sábado 13 de xullo. GPCS

Sober está de celebración. E como non podía ser doutra maneira, botou man da música para rendir homenaxe a un dos seus tesouros inmateriais. A Banda de Música de Sober cumpre 150 anos, e cunha excelente saúde, como quedou de manifesto no concerto-homenaxe no que participaron os actuais membros desta formación, acompañados polo grupo soberino Os Parentes. A tormenta que descargou na tarde do 13 de xullo impediu que a música resonara na Praza do Concello, polo que o concerto se trasladou ao Auditorio do Centro Sociocultural, nunha velada abarrotada de xente que desfrutou dun repertorio de música galega actual.
A homenaxe continuará o 13 de agosto, cun concerto con todos os músicos vivos da Banda. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio