Unha nova liña de axudas permitirá abrir 15 casas niño cun total de 75 prazas

Imaxe da visita do delegado da Xunta en Lugo á nova casa niño do Páramo, durante a xornada de portas abertas que celebrou este mes de xuño. GPDTL

A Xunta anunciou a autorización dunha nova liña de axudas para abrir 15 casas niño, que funcionarán en concellos de menos de 5.000 habitantes que aínda non teñen este servizo. Segundo explicou o presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, nunha rolda de prensa a mediados de xullo, o orzamento para este fin contará con algo máis de 1 millón de euros. Desta contía, 225.000 euros irán para apoiar o investimento necesario para acondicionar as casas niño, e os outros 900.000 serán para custear o seu desenvolvemento.
MÁIS ANTICIPO PARA A POSTA EN MARCHA
Como novidades, as promotoras das casas niño recibirán o 100% do anticipo por atención educativa que lles correspondera no primeiro ano, cando ata agora era do 35%. Nas seguintes anualidades, tamén medra o anticipo do 35% actual ata o 75% para todos os proxectos que xa estean en marcha.
Segue en vigor a esixencia, incluída xa na última convocatoria, de que todos os nenos usuarios teñan ao día as vacinas. Ademais, darase prioridade a familias numerosas e monoparentais.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

29 artesáns participarán en agosto na feira ArteLemos de Monforte

Seguinte Nova

O Fancine de Lemos fará en Monforte un repaso gráfico dos 80 anos de Batman

Últimas noticias sobre EDUCACIÓN

A %d blogueros les gusta esto: