Crónica del sur de Lugo

29 artesáns participarán en agosto na feira ArteLemos de Monforte

A Mostra ArteLemos terá lugar na rúa Cardeal de Monforte do 3 ao 7 de agosto. GPCM

Do 3 ao 7 de agosto, a monfortina rúa do Cardeal acollerá a XXI Mostra de Artesanía ArteLemos, un espazo que está a medrar en participación, xa que este ano contará con 29 profesionais, dous máis que na edición anterior, e sete máis que hai dous anos.

OBRADOIROS E DEMOSTRACIÓNS
Ademais de coñecer e poder adquirir as creacións dos artesáns, o público poderá asistir a demostracións en directo das diferentes técnicas. O sábado de apertura, será a quenda da olería de Gundivós pola mañá, e para os cativos haberá un obradoiro sobre esta técnica pola tarde. O domingo 4 ás once da mañá, a mostra acollerá unha xuntanza de palilleiras, con exposición de encaixes.
O luns día 5, a artesá Amparo Escrich ofrecerá dous obradoiros de barro para cativos, en horario de mañá e tarde. O día seguinte pola mañá, a actividade infantil será o obradoiro de cestería a cargo de Paqui Abeledo. Pola tarde, Pilar Gonda elaborará unha peza de lá fieltrada. A cerámica de Gundivós pechará as demostracións o xoves día 7.
Os stands dos artesáns permanecerán abertos de 11 a 14 horas, e de 18 a 23 horas. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio