Crónica del sur de Lugo

A cuarta edición do Coworking Ribeira Sacra permitiu botar a andar 19 novas empresas

•A xornada de clausura do viveiro empresarial, que arrancou con 22 proxectos, deu a coñecer os 19 que xa son unha realidade en marcha

A tenente de alcalde de Monforte, Gloria Prada, no acto de clausura do IV Espazo Coworking Ribeira Sacra, que tivo lugar no Centro Cívico o 18 de xullo. GPCM

A mediados de xullo, rematou a cuarta edición do Espazo Coworking Ribeira Sacra, que vén de impulsar a creación de 19 novas empresas no sur de Lugo. Este viveiro de negocios, que organiza o IGAPE e a Escuela de Organización Industrial (EOI), coa colaboración do Concello de Monforte, deu a coñecer as características das novas empresas na xornada de clausura, celebrada na cidade do Cabe o 18 de xullo.
A edición que agora remata arrancou con 22 emprendedores, que recibiron, de xeito gratuíto, formación integral e asesoramento individualizado, a través de tutores persoais, para levar adiante os seus plans de negocio.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio