Crónica del sur de Lugo

Novas propostas para desfrutar das Exaltacións Gastronómicas por toda a provincia

•Os protagonistas dos pratos deste novo ciclo gastronómico son o Bonito de Burela, o Lacón Galego e os Pementos de Mougán

O deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal, e o presidente da APEHL, Cheché Real, na presentación das Exaltacións Gastronómicas de xullo, celebrada no barco-museo boniteiro Reina del Carmen de Burela, o pasado 15 de xullo. (Foto: APEHL)

Un total de 50 establecementos de toda a provincia de Lugo participan en xullo na nova quenda das Exaltacións Gastronómicas. Do 19 ao 28 de xullo, os restaurantes adheridos a este programa, impulsado pola Deputación e a APEHL, ofrecerán pratos con Bonito de Burela, Lacón Galego e Pementos de Mougán. Estes pratos irán acompañados por pan e galletas Daveiga, viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, e augardentes e licores galegos.

PROMOCIÓN DA GASTRONOMÍA LUCENSE CON PRODUTOS CON SELO DE CALIDADE
O programa Exaltacións Gastronómicas, que se vén desenvolvendo dende o mes de abril, busca “fomentar o turismo gastronómico da provincia”, segundo afirmou en Burela o deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal, na presentación desta nova quenda, o 15 de xullo. Con este fin, os locais participantes no programa inclúen nos seus menús preparacións, en diferentes estilos, dos produtos autóctonos da provincia de Lugo amparados por selos de calidade ou indicacións de orixe.
Outro dos obxectivos das Exaltacións Gastronómicas, ademais de dinamizar o sector servizos, é desestacionalizar o consumo de produtos, para darlles continuidade fóra da época de produción.
O programa impulsado pola Deputación de Lugo e a Asociación Provincial de Empresarios de Hostelería de Lugo estará en marcha ata novembro.


OPCIÓNS PARA DEGUSTAR AS EXALTACIÓNS GASTRONÓMICAS NO SUR DE LUGO
Na zona sur, poderase desfrutar dos pratos das Exaltacións Gastronómicas en Os Pendellos Pulpería, Daydos e A Faragulla Brasería, en Chantada. No ámbito de Monforte, sumáronse ao programa Tapería Centro do Viño, Parador de Monforte de Lemos, O Grelo, Garden, Abadía San Simón, Manuel Bistró e Hotel Cardenal. A oferta de restaurantes complétase coa Rectoral de Castillón, en Pantón; Sabe, en O Páramo; Parrillada Casa Torres, en Quiroga; e Ponte Ribeira, en Sarria. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir a Inicio