Crónica del sur de Lugo

O Concello de Sober renovará case un milleiro de luminarias en 12 parroquias

•Con esta intervención, o Goberno local acadará o obxectivo de que “o 100% do Concello quede renovado” con luminarias máis eficientes

As novas luminarias de Sober consumen menos e iluminan mellor, aportando vantaxes de aforro e de servizo. GPCS

O alumeado público de Sober completará a súa renovación para acadar un servicio máis eficiente en termos económicos e medioambientais.

LUMINARIAS MÁIS EFICIENTES E MENOS CONTADORES
No Pleno do 4 de xullo, a Corporación aprobou dous programas, que suporán un investimento de 375.000 euros, financiados no 80% polo IDAE do Ministerio de Industria. Os programas contemplan a substitución de 940 luminarias de sodio e mercurio por outras tantas lámpadas LED de última xeración. Outra das actuacións consistirá na unificación de varias subministracións, coa supresión dun total de 20 contadores.
Con esta medida, o Goberno local cumplirá o seu obxectivo de ter o 100% do municipio iluminado por luminarias renovadas, tanto por sistemas LED como de haloxenuro, segundo destacou o alcalde, Luis Fernández Guitián. O rexedor soberino lembrou que, nos últimos anos, xa se levan renovado case 1.300 luminarias, grazas ás achegas do INEGA, dependente da Consellería de Industria. “Unha vez rematadas as obras, a contaminación lumínica será insignificante, e o aforro enerxético moi considerable”, salientou.

EN 12 PARROQUIAS
Os cambios no sistema de alumeado público realizaranse nas parroquias de Amandi, Doade, Lobios, Santiorxo, Brosmos, Figueiroá, Bolmente, Barantes, Liñarán, Rosende, Vilaescura e San Martiño de Anllo.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio