Crónica del sur de Lugo

Preto dunha trintena de participantes na primeira Xornada de Turismo Científico no Courel, organizada pola Deputación

O deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal, no arranque da I Xornada de Turismo Científico, celebrada na Estación Científica de Seoane do Courel o 6 de xullo. GPDL

A potenciación das Montañas de Ancares-Courel como un destino de turismo sostible e especializado centrou a primeira Xornada de Turismo Científico, celebrada o 6 de xullo no municipio de Folgoso do Courel.

TURISMO E CIENCIA
Este encontro, promovido pola Deputación de Lugo, xuntou na Estación Científica de Seoane a preto dunha trintena de profesionais de diferentes áreas, como a bioloxía, a xestión turística e a protección do medio ambiente.
“BO ESPAZO PARA INTERCAMBIAR COÑECEMENTOS ENTRE PROFESIONAIS”
No arranque da xornada, o deputado de Turismo en funcións, Eduardo Vidal, explicou que a Deputación “segue a impulsar iniciativas para promover un turismo sostible” neste territorio, ao tempo que se vai configurando “como destino turístico diferenciado na provincia, vinculado á ciencia”. Vidal Baamonde destacou o valor desta xornada como “un bo espazo para o intercambio de coñecementos entre profesionais do sector turístico” en relación á súa riqueza científica e os seus recursos botánicos, zoolóxicos ou xeolóxicos.
Durante a mañá, desenvolvéronse varias ponencias a cargo de expertos na xestión de turismo científico, a conservación do oso pardo, as árbores senlleiras do Courel, ou a importancia da micoloxía como recurso turístico. Pola tarde, realizáronse diversos obradoiros sobre creatividade e modelos de negocio dirixidos, sobre todo, a empresarios e entidades interesados en desenvolver a súa actividade no sector turísticos das Montañas Ancares-Courel. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio