Os dereitos humanos, protagonistas das Xornadas Xurídicas de Sarria

O alcalde de Sarria, Claudio Garrido, presidiu a apertura das XIII Xornadas Xurídicas Román García Varela, xunto ao vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, o deputado pola comarca de Sarria, Pablo Rivera, e o presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González. GPXG

Sarria continúa a divulgar a súa tradición xurídica, reunindo cada ano aos principais expertos en materias vinculadas ao dereito. As Xornadas Xurídicas, que acadaron a súa décimo terceira edición, centráronse desta volta nos dereitos humanos.

PERSPECTIVA INTERNACIONAL E DENDE A DIVERSIDADE
Do 5 ao 6 de xullo, a Casa da Cultura acolleu mesas redondas, ponencias e debates sobre aspectos como o papel do Tribunal Europeo de Dereitos Humanos, a trata de seres humanos na España actual, ou os dereitos humanos das persoas con discapacidade.
Este novo ciclo de sesións abriuse coa intervención do presidente do Tribunal Constitucional, Juan José González, e a presidenta do Consejo de Estado, María Teresa Fernández de la Vega, centrou a intervención de clausura.
As Xornadas Xurídicas arrancaron hai trece anos por iniciativa do sarriao Román García Varela, maxistrado do Tribunal Supremo falecido en 2013. Dende entón, tomou o relevo na organización o seu fillo, o letrado Román García-Varela Iglesias. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Contacontos, música, inchables e obradoiros para nenos e mozos enchen o verán de Ribas de Sil

Seguinte Nova

Os Orzamentos locais para 2019 tratarán de poñer a Monforte a débeda cero

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: