Contacontos, música, inchables e obradoiros para nenos e mozos enchen o verán de Ribas de Sil

•Os obradoiros van dirixidos a rapaces e rapazas entre 3 e 16 anos •Arrancaron o 1 de xullo, e rematarán a finais de agosto •Os obradoiros ocupan as mañás de luns a venres, de 10,30 a 13,30 horas

A contorna da Praia Fluvial concentra boa parte das actividades do programa de verán que organiza ata finais de agosto o Concello de Ribas de Sil. (Arquivo EC).

Actividades para todos os públicos integran o programa de verán que o Concello de Ribas de Sil vén de poñer en marcha o 1 de xullo. Ata finais de agosto, a programación leva a Ribas de Sil maxia, contacontos, música e inchables, ademais da habitual programación de obradoiros de verán.

DEPORTE, NATUREZA E XOGOS NOS OBRADOIROS DE VERÁN
Os interesados en apuntarse aos obradoiros, destinados ao público de 3 a 16 anos, poden facelo na Aula de Pesca. A axenda dos obradoiros deste verán inclúe saídas á Praia Fluvial, manualidades e xogos, así como visitas de carácter sociocultural e actividades deportivas, entre outras. As inscricións poden facerse polos 2 meses, cun prezo de 30 euros, ou por un só mes, por 20 euros. Tamén se aceptan inscricións por quincena, de 15 euros, e por semana, cun prezo de 10 euros. As tarifas baixan á metade para cada irmán inscrito.

ACTOS PARA XULLO
O mes de xullo arrancou na noite do sábado día 6, coa festa-aniversario do restaurante da Praia Fluvial, cun concerto de TDK D90 con Sergio Alba. Para o domingo 14, está previsto ás oito un concerto musical participativo de Pakolas, con narración de contos. A tarde do sábado día 20 estará ocupada por inchables, e o día seguinte, ás oito, Anxo Moure levará á Praia Fluvial o seu espectáculo de contacontos e música. O sábado 27 volven os inchables pola tarde, e o domingo 28 haberá dúas sesións de maxia, a cargo do Mago Deimi. Ás doce do mediodía, impartirá un obradoiro de maxia na Aula de Pesca, e ás oito ofrecerá unha sesión de maxia no Anfiteatro.
AXENDA DE AGOSTO
Os sábados 3 e 10 de agosto, haberá inchables na Praia Fluvial toda a tarde. O domingo 4, ás oito, Brais Moure levará ao público “A Galicia Máxica de Antón Fraguas”. As Festas Patronais de San Clodio ocuparán os días 14, 15 e 16 de agosto, xornada esta última na que se celebra a Festa da Infancia e da Xuventude. De 11,30 a 13,30, e pola tarde de 17,30 a 20 horas, haberá inchables, futbolín humano e festa da espuma, entre outras actividades. Ás oito, actuará Paco Nogueiras. A partir das once da noite, a festa trasládase á Praza do Concello, cos concertos de Sr. Jingles e Gin Toni’s. O domingo 25, Servando Barreiro traerá a San Clodio cantigas e historias musicadas.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Concertos, literatura, cine e artesanía no Verán Cultural de Monforte

Seguinte Nova

Os dereitos humanos, protagonistas das Xornadas Xurídicas de Sarria

Últimas noticias sobre CULTURA

A %d blogueros les gusta esto: