Crónica del sur de Lugo

Máis de 300 participantes no IV Night Trail de Quiroga

Espectacular saída do IV Night Trail Quiroga, celebrada na noite do sábado 6 de xullo. (Foto cedida).

O deporte quirogués está a ser un foco de dinamización da contorna. O sábado 6 de xullo, a cuarta edición do Night Trail Quiroga xuntou na capital do Courel a 305 participantes, entre os que escolleron a modalidade combinada de andaina e trail por 9 quilómetros, e os valentes que se atreveron cos 18 quilómetros de puro trail, cun 80% de tramos de pistas e carreiros, evitando en todo o posible o asfalto.

PROBA NOCTURNA E XANTAR FINAL
Antes da espectacular saída ás once e media da noite dende a Praza de España, celebrouse unha sesión de zumba-fitness para animar ao público asistente. Ao remate da proba, celebrouse un xantar para repoñer forzas.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio