Crónica del sur de Lugo

Monforte participou nos XIII Xogos do Eixo Atlántico con 62 representantes

Representación de Monforte nos XIII Xogos do Eixo Atlántico, o día de saída cara á localidade portuguesa de Braga. GPCM

A cidade do Cabe vén de participar nos XIII Xogos do Eixo Atlántico, cunha representación integrada por 62 persoas. A expedición monfortina saiu o o domingo 7 de xullo rumbo á cidade portuguesa de Braga, na que estarán aloxados os deportistas e disputarán as primeiras competicións.
Por equipos, Monforte está a participar en fútbol 7 e voleibol, e na modalidade individual, ten presenza en atletismo en pista, atletismo en ruta, e natación.

ESTREA CON MEDALLAS
O luns 8, o grupo monfortino xa tiña conseguido varios triunfos. Manuel Rodríguez logrou a medalla de ouro en lanzamento de peso, Lucía Varela acadou tamén un ouro en 100 metros espalda de natación, e Carlos López Moral conseguiu a prata en na proba de atletismo de 1.000 metros lisos. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio