80 golfistas de 17 países participan en Pantón no Torneo Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade

Recepción das participantes no Torneo de Golf Internacional Feminino en Pantón, o 9 de xullo. GPDL

Do 9 ao 13 de xullo, preto de 80 deportistas de 17 nacionalidades disputarán en Pantón o Torneo de Golf Internacional Feminino Ribeira Sacra Patrimonio da Humanidade. Esta proba vén organizándose no sur de Lugo nos últimos anos, co apoio de varios organismos e institucións, como a Deputación de Lugo, que achega 10.000 euros. “Esta proba dá a coñecer a nosa provincia como destino turístico e deportivo”, salientou o deputado de Deportes en funcións, Pablo Rivera, na apertura do torneo.
No acto inaugural, celebrado na Praza do Concello de Ferreira, celebrouse un concerto solidario, co grupo Dani Barreiro & Friends, cuxa recadación destinouse á Asociación Ruliños Terras de Lemos, que atende a nenos e adolescentes con necesidades especiais. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Asociación Amigos do Folión de Carros celebrará en agosto o seu 30º aniversario afondando na singularidade deste evento

Seguinte Nova

Monforte participou nos XIII Xogos do Eixo Atlántico con 62 representantes

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: