Crónica del sur de Lugo

Os Trens Turísticos de Galicia estrean unha nova Ruta polos Camiños de Santiago

•Este itinerario percorrerá diferentes tramos do Camiño Francés, e do Camiño do Norte, ademais do Camiño Inglés e do Camiño Primitivo

•Este verán, a Ruta dos Mosteiros duplica o número de saídas, logo de acadar o 100% de ocupación na súa estrea, o ano pasado •Varias Rutas enriquécense con visitas a espazos emblemáticos de Galicia

Por sétimo ano consecutivo, botaron a andar os Trens Turísticos de Galicia, unha das propostas máis exitosas para afondar na cultura, paisaxe e gastronomía galegas. Cada verán, o programa incorpora novidades, aproveitando o tirón dos anos anteriores, e deseñando novos trazados para achegar aos visitantes aos espazos máis senlleiros de Galicia. Desta volta, os Trens Turísticos estrean a Ruta polos Camiños de Santiago, que permite aos viaxeiros coñecer de cerca gran parte do patrimonio galego vencellado a diferentes tramos dos Camiños Francés, do Norte, Primitivo e Inglés.

•A Ruta da Ribeira Sacra do Sil foi unha das tres rutas dos Trens Turísticos que rexistrou un cheo completo en 2018 •Cunha ocupación do 90% rematou a pasada tempada da Ruta da Ribeira Sacra do Miño •Os itinerarios de Valdeorras, Monterrei e Ribeiro-Rías Baixas situáronse entre o 70% e o 90% de ocupación

MOSTEIROS E CIDADES NA NOVA RUTA DOS TRENS TURÍSTICOS
A Ruta dos Camiños de Santiago sae da cidade da Coruña, integrada no Camiño Inglés, para continuar cunha visita ao Mosteiro de Sobrado dos Monxes, do Camiño do Norte. Despois, o itinerario achégase ata a cidade de Lugo, por onde pasa o Camiño Primitivo, para completar o trazado no Mosteiro de Samos, parada emblemática do Camiño Francés. Deste xeito, e segundo destacou a directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, a nova ruta “reforzará a Ruta dos Mosteiros” que se estreou o ano pasado cun 100% de ocupación, “porque inclúe dous importantes exemplos do extenso e rico patrimonio monacal galego, ambos estreitamente vinculados aos camiños xacobeos de peregrinación”.

•Os Trens Turísticos están a ser unha das mellores propostas para os visitantes chegados de ata seis países de Europa, e tamén de Asia, África e América •Ademais, rexistraron viaxeiros procedentes de 15 comunidades autónomas de España

MÁIS DE 16.000 KM DE ROTEIROS POLAS CATRO PROVINCIAS GALEGAS
Os Trens Turísticos de Galicia percorrerán este ano máis de 16.000 quilómetros en 12 roteiros temáticos que discorren polas catro provincias galegas. Esta iniciativa pecho o ano pasado a súa mellor tempada, cun 93% de ocupación e con case 2.300 viaxeiros.
Ademais, dende xuño está operativo un novo punto de información e venda de billetes, situado na entrada museística do Mosteiro de San Martiño Pinario, en Santiago. A oficina está aberta de luns a venres, en horario de mañá e tarde, e os sábados pola mañá. Tamén se poden comprar os billetes na web de Renfe.

TARIFAS E SERVIZOS DAS RUTAS
Os Trens Turísticos arrancaron o 1 de xuño, e estarán en marcha ata o 26 de outubro. As rutas inclúen viaxes en tren, visitas guiadas e traslados en autobús. O prezo por ruta é de 45 euros por adulto, con descontos para grupos e para nenos. •

•57 SAÍDAS EN 12 RUTAS ATA OUTUBRO

• RUTA DOS FAROS. Saída: Ferrol. Xullo: 13, 20, 27. Agosto: 3, 10, 17, 24, 31. Setembro: 7, 14, 21, 28. • RIBEIRA SACRA SIL. Saída: Ourense. Xullo: 13. Agosto: 3, 31. Setembro: 28. Outubro: 19. • RUTA POLOS CAMIÑOS DE SANTIAGO. Saída: A Coruña. Xullo: 27. Setembro: 28. • RÍAS BAIXAS. Saída: Santiago. Xullo: 20. Agosto: 3, 17. Setembro: 7. • VALDEORRAS – RIBEIRA SACRA. Saída: Ourense. Xullo: 27. Agosto:17. Setembro: 21. Outubro: 5. • OURENSE TERMAL E VERSALLES GALEGO. Saída: Santiago. Outubro: 6, 26. • RUTA DA LAMPREA: Saída: Pontevedra.Agosto: 24. Setembro: 21. • MONTERREI. Saída: Ourense. Setembro: 14. • RUTA DOS MOSTEIROS. Saída: Santiago. Setembro: 15. Outubro: 13. • PAZOS E XARDÍNS HISTÓRICOS. Saída: Santiago. Xullo: 13. Agosto: 10. Setembro: 28. Outubro: 12. • RIBEIRO – RÍAS BAIXAS. Saída: Ourense. Xullo: 20. Agosto: 10. • RIBEIRA SACRA POLO MIÑO. Saída: Ourense. Agosto: 24. Setembro: 7.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir a Inicio