Candia presentou ao equipo provincial do PP e unha proposta para gobernar a Deputación

• A alcaldesa de Mondoñedo deu a coñecer un proxecto «solvente» que se pode «poñer en marcha mañá mesmo»

O Grupo do Partido Popular na Deputación de Lugo, con Elena Candia á fronte, o pasado 6 de xullo. (Foto: PP Provincial)

Á espera de que se constitúa o novo Goberno na Deputación de Lugo, os populares xa teñen definido o que será o seu equipo de traballo no organismo provincial. A presidenta do Partido Popular lucense e deputada pola Mariña, Elena Candia, deu a coñecer aos 12 deputados desta formación, cinco dos cales estréanse no cargo. Días despois, fixo pública a súa intención de gobernar a Deputación cun proxecto «solvente» que se pode poñer en marcha «mañá mesmo». Candia fixo chegar unha carta aos deputados do PSOE e do BNG pedindo «que nos deixen gobernar, porque somos o partido gañador das eleccións». A líder dos populares lucenses destacou que «a provincia merece un Goberno capaz de antepoñer os intereses dos veciños á súas liortas internas».

CANDIA: «A PROVINCIA, O NOSO ÚNICO COMPROMISO»
Na presentación do seu equipo, a tamén alcaldesa de Mondoñedo salientou que «o noso único compromiso é a provincia», ao tempo que lle pediu ao PSOE «que deixe de utilizar as institucións como instrumento para arranxar as desavenencias internas».

CINCO ESTREAS
Neste mandato, incorpóranse ao grupo do PP na Deputación a alcaldesa de Folgoso do Courel, Lola Castro, polo partido xudicial de Monforte; e o rexedor de Palas de Rei, Pablo Taboada, polo partido xudicial de Chantada. Tamén inician a súa andadura no organismo provincial o alcalde de Friol, José Ángel Santos, ademais do candidato popular de Foz, Javier Castiñeira.
Polo partido xudicial de Mondoñedo, acompaña a Castiñeira e a Candia o alcalde do Vicedo, Jesús Novo. O que fora rexedor de Vilalba, Agustín Baamonde, será deputado por este partido xudicial. Representando ao de Lugo, continúa o sarriao José Antonio García, ademais de Jesús Núñez, Francisco Balado e José Pardo, coa nova incorporación de Óscar Poy, concelleiro en Lugo.

PARTIDO GAÑADOR
Candia presentou o seu equipo ás porta do Pazo de San Marcos, lembrando que o PP foi o que gañou as eleccións, polo que «estamos en disposición de gobernar». Ademais, apuntou que «se os que perderon non nos deixan gobernar, faremos unha oposición construtiva e coherente». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Deputación comezou os traballos de desbroce en 17 concellos lucenses

Seguinte Nova

Os Trens Turísticos de Galicia estrean unha nova Ruta polos Camiños de Santiago

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: