A Deputación comezou os traballos de desbroce en 17 concellos lucenses

•A primeira quenda de contratacións permitiu empezar a limpeza de vexetación en viais do Páramo, Paradela, Sarria, Taboada e O Saviñao

O desbroce é unha tarefa fundamental para mellorar a seguridade vial e evitar os lumes forestais. GPDL

A comezos deste mes, o Goberno en funcións da Deputación deu luz verde aos primeiros traballos da campaña de desbroce dos viais de titularidade provincial.

PLAN BIANUAL DOTADO CON PRETO DE 2,5 MILLÓNS DE EUROS
O plan, que abrangue as tarefas correspondentes a este ano e ao vindeiro 2020, conta cun orzamento de preto de 2,5 millóns de euros. As primeiras adxudicacións aprobáronse na Xunta de Goberno celebrada o 5 de xullo, que permitiu dar vía libre ao desbroce nun total de 17 municipios. Nesta primeira quenda, e para a zona sur, quedaron aprobados os traballos de eliminación de vexetación nas estradas provinciais que pasan polos municipios de Paradela, O Páramo, Sarria, Taboada e O Saviñao.

MÁIS SEGURIDADE PARA O TRÁFICO, E REDUCIÓN DOS RISCOS POR INCENDIO FORESTAL
Os responsables provinciais sinalaron que o plan de desbroce permite mellorar a seguridade dos condutores, ao tempo que se reduce o risco de avance das lapas no caso de incendio.
CONTRATACIÓN A AUTÓNOMOS E PEQUENAS EMPRESAS
Así mesmo, dende o Goberno da Deputación incidiron en que a contratación dos traballos faise a autónomos e pequenos empresarios, o que permite xerar novos postos de traballo e conservar os xa existentes.
Co anuncio da primeira quenda de adxudicacións, dende a Deputación adiantaron que estes días se vai completar a tramitación dos traballos para cubrir a totalidade dos 67 concellos lucenses, co fin de poder iniciar as tarefas «de xeito inminente». •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Pantón, protagonista da axenda enolóxica coa entrega dos premios da XXV Cata dos Viños da Ribeira Sacra

Seguinte Nova

Candia presentou ao equipo provincial do PP e unha proposta para gobernar a Deputación

Últimas noticias sobre INFRAESTRUTURAS

A %d blogueros les gusta esto: