Crónica del sur de Lugo

Sober conmemora este mes os 150 anos da Banda de Música

Membros da Banda de Música de Sober durante a última Feira de Amandi, xunto á fadista María do Ceo, e o alcalde, Luis Fernández, que tamén foi director da agrupación musical. Arquivo EC

Sober encherase de música este mes para celebrar os 150 anos de existencia da súa Banda Municipal. A primeira cita será o sábado 13 de xullo, na Praza do Concello, espazo no que, a partir das dez da noite, os membros da Banda de Música de Sober ofrecerán un concerto, acompañados pola formación soberina Os Parentes.
O sábado 3 de agosto acollerá un gran concerto con todos os músicos vivos e directores que estiveron vinculados á Banda. Ao remate, desfrutarán dun xantar de confraternidade.
Dende a Banda afirmaron que a conmemoración do 150º aniversario da agrupación contribuirá “a seguir facendo historia da música nun concello con enorme tradición musical”.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio