Crónica del sur de Lugo

Monforte acolle a exposición itinerante sobre o paradelés Manuel Rodríguez, emigrante galego e poeta obreiro

Inauguración da mostra “Manuel Rodríguez López: Emigrante galego. Poeta obreiro”, o 10 de xuño, na Casa da Cultura de Monforte. GPDL

Ata o 29 de xuño, permanece aberta na Casa da Cultura Poeta Lois Pereiro de Monforte a exposición “Manuel Rodríguez López: Emigrante galego. Poeta obreiro”. A mostra itinerante, organizada por Galicia Dixital, propón un percorrido pola vida e a obra deste poeta nacido en Paradela. A exposición está integrada por un conxunto de oito paneis explicativos, con textos e material gráfico.

REIVINDICACIÓN PARA O DÍA DAS LETRAS GALEGAS
A iniciativa arrancou hai sete anos, impulsada pola familia e os amigos de Manuel Rodríguez López, para reivindicar a súa figura e “optar a que se lle adique o Día das Letras Galegas nalgún momento”, segundo apuntou na inauguración de Monforte Antonio Giz, comisario da exposición.
A mostra, que vén de percorrer a maior parte das cidades e vilas galegas, e varias cidades de España e Portugal, conta coa colaboración da Deputación de Lugo e da Xunta de Galicia, ademais do apoio puntual do Concello de Monforte de Lemos. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio