Crónica del sur de Lugo

Arrancou en Monforte a tempadas dos Paseos en Barca polo río Cabe

Os Paseos en Barca permiten desfrutar dunha panorámica distinta da cidade de Monforte dende o río Cabe. Arquivo EC

Dende o 15 de xuño e ata o 15 de setembro, o Concello de Monforte ten en marcha o programa Paseos en Barca polo río Cabe, xestionado polo Club de Montaña e Piragüismo Quixós.

PASEOS DE MEDIA HORA POR 3,25 EUROS POR BARCA
Os paseos saen do embarcadoiro do Parque dos Condes, cunha duración de media hora e un prezo de 3,25 euros, a mesma tarifa que en anos anteriores. Cada barca acollerá a un máximo de seis viaxeiros, por razóns de seguridade.

HORARIO DE MAÑÁ E TARDE OS FESTIVOS E AS FINS DE SEMANA
Durante a semana, as barcas poderán utilizarse en horario de tarde, dende as seis ata as dez. O horario amplíase tamén ás mañás durante os festivos e as fins de semana, datas nas que as barcas estarán en funcionamento dende as once ata as dúas, e pola tarde dende as seis ata as dez. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre CULTURA

Ir a Inicio