Núñez Feijóo entregou o Premio Agader ao proxecto Montañas do Courel

Representantes dos concellos que integran a Asociación Montañas do Courel, promotora do Xeoparque Mundial, e os responsables do GDR Ribeira Sacra-Courel, que apoiaron esta iniciativa, acudiron á entrega dos X Premios Agader, que tivo lugar na localidade coruñesa de Boqueixón, o pasado 21 de xuño. GPXG

O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, entregou este mes os galardóns correspondentes á décima edición dos Premios Agader, que recoñeceron, entre outros, aos impulsores do Xeoparque Mundial Montañas do Courel.
A iniciativa foi posta en marcha polos concellos de Quiroga, Folgoso do Courel e Ribas de Sil, que constituíron a Asociación Montañas do Courel para dar visibilidade a unha zona caracterizada pola súa singular orografía e o seu valor xeolóxico. Recentemente, esta proposta obtivo o recoñecemento de Xeoparque Mundial.
O premio concedido por Agader valorou “que é posible, a través dun proxecto de xeoturismo, impulsar o rural” e conseguir “unha Galicia máis innovadora e máis verde”. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

A Xunta lembrou en Pantón o apoio económico á incorporación de mozos ás pequenas explotacións

Seguinte Nova

Continuidade xeral para os mandatos que saíron das urnas o 26-M

Últimas noticias sobre EVENTOS

A %d blogueros les gusta esto: