Crónica del sur de Lugo

Abre no Páramo unha casa-niño para atender a nenos e nenas de 0 a 3 anos

•O novo servizo conta con 5 prazas •A Xunta apoiou a súa posta en marcha cunha achega de 73.000 euros

O delegado da Xunta, José Manuel Balseiro, visitou a casa-niño do Páramo o 12 de xuño, coincidindo coa xornada de portas abertas do centro. GPXG

O concello do Páramo disporá, dende finais de xuño, dun novo servizo para as familias. A nova casa-niño ofrecerá 5 prazas gratuítas para atender a nenos e nenas de 0 a 3 anos.
Na xornada de portas abertas, celebrada o día 12 deste mes, estivo presente o delegado da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro, e a promotora do servizo, Henar Yáñez Prado, ademais do alcalde, Gumersindo Rodríguez. Balseiro lembrou que a casa-niño está emprazada en instalacións cedidas polo Concello para este fin. Ademais, a casa-niño está financiada pola Consellería de Política Social con 73.000 euros, para custear as obras de acondicionamento e os gastos de funcionamento dos tres primeiros anos.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio