Crónica del sur de Lugo

Merluza do pincho de Burela, carne de ovella galega e castaña de Galicia, protagonistas das Exaltacións Gastronómicas do mes de xuño

•50 establecementos da provincia ofrecen estes produtos nos seus menús durante a última semana do mes

O deputado en función de Turismo, Eduardo Vidal; o presidente da APEHL, Cheché Real; e representantes de asociacións e distintivos de calidade gastronómicos, na presentación da nova quenda de Exaltacións Gastronómicas, o 20 de xuño en Lugo. (Foto: APEHL)

Os produtos e sabores da provincia de Lugo volven ser os protagonistas da nova quenda das Exaltacións Gastronómicas, que se está a desenvolver en medio cento de establecementos lucenses do 21 ao 30 de xuño. Desta volta, o deseño e elaboración dos pratos especiais deste programa terán como produtos estrela a merluza do pincho de Burela, a carne de ovella galega, e a castaña de Galicia. Ademais, as presentacións irán acompañadas de pan e galletas Da Veiga, viños da Denominación de Orixe Ribeira Sacra, e augardentes e licores de Galicia.
Na provincia, 50 establecementos participan nesta iniciativa que organiza a APEHL co apoio da Deputación. Na zona sur, algo máis dunha ducia de establecementos están a participar nesta programación. En Chantada, adheríronse Pulpería Os Pendellos, Daydos e A Faragulla, e en Monforte, Tapería Centro do Viño, o Parador, O Grelo, Garden, Abadía San Simón, Manuel Bistró e Hotel Cardenal, así como a Rectoral de Castillón, en Pantón, Casa Torres, en Quiroga, e Ponte Ribeira, en Sarria.
Na presentación das xornadas correspondentes a xuño, o deputado en funcións de Turismo, Eduardo Vidal, destacou que os ingresos por primeira venda da merluza do pincho de Burela rondaron os 44 millóns de euros o ano pasado. Así mesmo, a provincia concentra case o 40% das gandeirías da raza ovella galega de toda a comunidade. En canto á castaña, o volume de negocio para os produtores é de case 45 millóns ao ano. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio