Crónica del sur de Lugo

Unha trintena de representacións do programa de teatro Buxiganga para o sur de Lugo

Arrancarán no mes de xullo, e prolongaranse ata novembro

Cartaz promocional da nova tempada do programa teatral Buxiganga, que organiza a Deputación. GPDL

A Deputación de Lugo vén de anunciar a programación do Buxiganga, a iniciativa de teatro afeccionado que leva representacións teatrais a todos os recunchos da provincia de Lugo.

12 FUNCIÓNS DE TEATRO NA COMARCA DE LEMOS
Este ano, a nova edición do Buxiganga inclúe 30 funcións en 16 municipios do sur. Na comarca de Lemos, todos os concellos repartiranse unha ducia de sesións, de agosto a novembro. Bóveda será o concello con máis funcións, ata tres, os días 10, 17 e 24 de novembro. Pola súa banda, Monforte acollerá dúas sesións, o 26 de outubro e o 16 de novembro. Así mesmo, o Buxiganga levará o teatro a Pantón o 27 de outubro e o 3 de novembro.
Na Pobra do Brollón, a única sesión do programa neste concello desenvolverase o 3 de agosto. No Saviñao, haberá funcións do Buxiganga o 10 e o 24 de novembro. Por último, en Sober o calendario teatral prevé dúas sesións, o 26 de outubro e o 16 de novembro.
5 SESIÓNS DO BUXIGANGA NAS TERRAS DE CHANTADA
Taboada acollerá dúas actuacións, o 4 de agosto e o 21 de setembro. En Carballedo, poderase desfrutar do teatro o día 7 de setembro e o 26 de outubro. A única sesión programada en Chantada terá lugar o 9 de novembro.

OUTRAS 5 FUNCIÓNS NA COMARCA QUIROGUESA
En Ribas de Sil, o programa Buxiganga da Deputación achegará o teatro o 26 de outubro e o 16 de novembro. En Quiroga, haberá representación o 9 e o 30 de novembro. Así mesmo, en Folgoso hai programada unha sesión para o 26 de outubro.

8 FUNCIÓNS EN 4 CONCELLOS DA COMARCA DE SARRIA
Sarria concentra catro funcións, o programa máis extenso de todos os municipios do sur lucense. O 7 de xullo terá lugar a primeira representación, e a seguinte será despois do verán, o 28 de setembro. O 19 de outubro, haberá dúas sesións, unha ás cinco da tarde no colexio Frei Luis de Granada, e outra ás nove da noite no local social de Louseiro.
No Incio, o teatro do Buxiganga chegará o 28 de setembro e o 27 de outubro. En Láncara, a actividade teatral concentrarase nunha única sesión, o 7 de setembro, e en Triacastela, haberá función o 2 de novembro.
O plantel de compañías de teatro afeccionado que representarán as obras do Buxiganga inclúen varias agrupacións do sur lucense. A compañía chantadina Argalleiras Teatro levará a obra “O feitizo” a Baralla, Sarria e Foz. A tamén chantadina Faro-Miño representará “Sintrón nin son”, en A Pobra do Brollón, Baleira e Barreiros. O grupo de teatro de San Clodio Augas do Sil representará “Princesa busca pretendente”, en Foz, Folgoso e O Incio. O grupo monfortino Viraventos achegará “Sucesos” a Bóveda, Monforte e Foz. Rebuldeira Teatro, de Sarria, representará “Delicadas” en Foz, Sober e Lugo. A formación Sacarina de Chantada levará “Madialeva” a Taboada, Ribas de Sil e Friol. Teatreiras de Monforte porán en escea “Pros e Contras”, en Sarria, Monforte e Foz. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio