Dez propostas para desfrutar do Campus Deportivo de Verán de Monforte

Imaxe de arquivo da entrega dos diplomas dun dos campus de fútbol que integran a programación de verán organizada polo Concello de Monforte. (Arquivo EC).

Xa está aberto o prazo para inscribirse no Campus Deportivo de Verán de Monforte, que ofrece dez programacións coas que sacarlle partido ao meses de lecer.
Dentro da oferta para menores de idade, o Campus de Verán inclúe tenis, voleibol, volei praia, baloncesto, fútbol, ximnasia rítmica e natación. Ademais, o Campamento Deportivo de Verán ocupará todo o mes de xullo, repartido en dúas quendas de quince días, con actividades multideporte. A data de remate de inscricións para a primeira quenda é o 28 de xuño, e a da segunda é o 12 de xullo.
Os cursos de natación na Piscina Municipal ofrecen tamén actividades para os adultos, de xullo a setembro, con opcións de 1 ou 2 días á semana cada mes. Os cursos para bebés, infantil e nenos terán periodicidade quincenal.
Para inscribirse nalgúns campus hai que esperar ata finais de xuño. A partir do día 24 abrirase o prazo para o Campus de Baloncesto, e o 17 arrancará a inscrición no Campus de Ximnasia Rítmica e no de Fútbol que organiza o Club Celta de Vigo. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

O club Neka completou con catro medallas o Campionato Galego Escolar de combate

Seguinte Nova

En marcha as obras para acondicionar a hospedería do Mosteiro de Ferreira

Últimas noticias sobre DEPORTES

A %d blogueros les gusta esto: