Crónica del sur de Lugo

O club Neka completou con catro medallas o Campionato Galego Escolar de combate

Un dos podios nos que houbo presenza dos deportistas do Neka, neste caso de Daniel Areán, que foi medalla de bronce no Campionato Galego Escolar de Combate. (Foto cedida).

A tempada está a completarse con máis éxitos para o club Neka. Os monfortinos lograron catro medallas no Campionato Galego Escolar de Combate, que se celebrou a finais do mes de maio. Un resultado que o director deportivo do club, José María Vega, cualificou de “máis que aceptable”, tendo en conta que “moitos dos participantes eran case novatos, e que os meus alumnos priorizan a técnica sobre o combate”, precisou o adestrador.

RESULTADOS
Na proba autonómica subiron ao podio Marco García, que se proclamou campión galego, Lucía Roca e Adara Carballude, ambas con medalla de prata, e Daniel Areán, que logrou o bronce.
No balance da competición, dende o club destacaron a dificultade que atoparon xa na primeira ronda, na que Karla Novo caeu diante da campiona do peso, e Alejandro Brandariz tivo que enfrontarse ao que finalmente foi campión. Pola súa banda, Santiago Gómez estivo moi preto de gañar o seu combate.
Así mesmo, cabe destacar a traxectoria de Dani Pérez, “un dos mellores do Neka en combate”, ao que desta volta non lle acompañou a sorte. No seu debut, Abdou Ndao deixou “moi boas sensacións”, perdendo por só catro puntos.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio