Crónica del sur de Lugo

A feira Artelemos volverá ao centro de Monforte do 3 ao 7 de agosto

•A edición número 21 de Artelemos ofrecerá de novo obradoiros infantís e demostracións

Imaxe de arquivo do recinto feiral de Artelemos, no que se organizaron actividades para os máis cativos e demostracións de artesáns. GPCM

A artesanía terá unha nova cita en Monforte no mes de agosto. Nos días previos ás Festas Patronais, a rúa Cardeal acollerá a 21ª feira Artelemos, na que se amosarán os traballos das diferentes especialidades artesanais.

24 POSTOS INDIVIDUAIS
Un total de 24 postos, máis a caseta de información, constituirán o corpo do espazo feiral. O punto informativo servirá tamén de recinto para os obradoiros infantís e as demostracións en directo.
A disposición das casetas buscará, segundo explicaron dende o Concello, que o percorrido pola feira sexa máis dinámico. Cada tres ou catro casetas individuais habilitarase un pasillo, que estará cuberto por sombrillas triangulares.
Os postos estarán abertos de once a dúas, pola mañá, e de seis da tarde ás dez da noite.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio