Crónica del sur de Lugo

Preto de 20 colectivos lucenses de axuda ás familias contarán con 214.000 euros da Deputación

•As subvencións do organismo provincial servirán para reforzar a atención que estas asociacións dan a case 3.500 veciños

O presidente en funcións, Darío Campos, logo da sinatura dos convenios de colaboración cos representantes dos diferentes colectivos, o 29 de maio. GPDL

A Deputación vén de aportar un total de 214.000 euros para o reforzo das actividades asistenciais de preto dunha vintena de colectivos lucenses. O 29 de maio, representantes destas asociacións asinaron os convenios de colaboración, nunha xuntanza mantida en Lugo co presidente en funcións da Deputación, Darío Campos.

APORTAN ATENCIÓN PROFESIONAL “ONDE AS ADMINISTRACIÓNS NON CHEGAN”
O mandatario salientou que estas aportacións “contribúen á actividade” destas asociacións, que ofrecen por toda a provincia “atención profesional a milleiros de veciños, chegando onde as administracións públicas coas competencias non chegan”.

REFORZO PARA O TECIDO ASOCIATIVO LUCENSE
O presidente provincial en funcións subliñou que “o traballo iniciado hai catro anos” polo seu equipo de Goberno á fronte da Deputación “non ten marcha atrás”, en referencia ao obxectivo de “reforzar o conxunto do tecido asociativo lucense, pois é de xustiza”.
REPARTO DAS ACHEGAS
O organismo provincial destina 23.000 euros para apoiar as actividades de estimulación cognitiva e parte dos custos do centro de atención de AFA Lugo. Para a Federación de Asociacións de Familiares e Persoas con Enfermidade Mental, destínanse 35.000 euros con destino a un programa de intermediación laboral e práticas laborais de ordenanzas. A Deputación concede 10.000 euros a Integración Xitana para rehabilitar vivendas, e 24.000 euros para un programa de reinserción laboral da Asociación Penitenciaria Concepción Arenal.
A Asociación Somos Unidos contra el Cáncer recibe 3.600 euros para os gastos de aluguer dun piso de acollida para uso de enfermos e familiares, e a Asociación de Dano Cerebral de Lugo conta con 12.000 euros para os gastos do centro de día e a contratación dun neuropsicólogo. Así mesmo, a Asociación Lucense de Axuda a Enfermos Mentais ten unha achega de 32.000 euros, a de Persoas Xordas 23.000, Down Lugo 12.000, e Shantidi 5.000. Hai 3.000 euros para a Asociación de Fibromialxia, 5.000 para a Confederación de Persoas con Discapacidade, e 2.000 para Bonhomía. •

ACHEGAS PARA COLECTIVOS ASISTENCIAIS NA ZONA SUR DA PROVINCIA

•No sur de Lugo, a Asociación de Persoas con discapacidade de Monforte de Lemos (Agora) recibe unha achega de 7.500 euros, coa que financiar actividades de estimulación cognitiva e habilidades sociais. Así mesmo, a Asociación de Alcohólicos Rehabilitados de Chantada (ARCHA) dispón de 7.800 euros para custear o programa específico de atención a persoas con adicción ao alcohol. Pola súa banda, a Asociación de Familiares de Enfermos de Alzheimer de Chantada (AFA Chantada) conta con 10.000 euros provinciais para a atención asistencial a persoas afectadas e aos seus familiares.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio