A Deputación contratou os traballos da residencia de maiores da Pobra do Brollón

•O prezo de adxudicación foi de 1,4 millóns de euros

O presidente da Deputación en funcións, Darío Campos, no anuncio da contratación da obra da residencia da Pobra do Brollón, o 31 de maio. GPDL

O proxecto da residencia de maiores da Pobra do Brollón vén de recibir un novo impulso. A finais do mes pasado, a Deputación contratou os traballos desta infraestrutura social, por un prezo de 1,4 millóns de euros.

CASE UNHA VINTENA DE OFERTAS
Segundo precisou o presidente en funcións do organismo provincial, Darío Campos, ao concurso presentáronse 19 ofertas. A elección definitiva do adxudicatario final baseouse, segundo o mandatario provincial, na rebaixa proposta de 345.000 euros, a redución en 90 días do prazo de execución, e unha ampliación de ata os 24 meses na garantía. Campos lembrou que a Deputación aporta 1,2 millóns de euros, e o Concello da Pobra do Brollón achega os 200.000 euros restantes.
A obra comezará unha vez que se teña asinado o contrato, e se expidan o permiso da Xunta e a licenza municipal de obra.
A futura residencia de maiores da Pobra do Brollón ofrecerá 36 prazas, distribuídas en 18 cuartos dobres con baño adaptado. O edificio tamén terá un despacho médico, unha sala de curas, dúas habitacións de enfermería e varios espazos funcionais. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Teatro entre amigos e con valores no IES A Pinguela

Seguinte Nova

Preto de 20 colectivos lucenses de axuda ás familias contarán con 214.000 euros da Deputación

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

A %d blogueros les gusta esto: