Teatro entre amigos e con valores no IES A Pinguela

Os membros do Grupo de Teatro do IES A Pinguela, xunto coa directora do grupo, Paqui Abeledo, logo da representación desenvolvida no centro o 6 de xuño. IAP

O Grupo de Teatro do IES A Pinguela ofreceu para os seus compañeiros unha función de fin de curso. O alumnado de ESO do instituto monfortino desfrutou da representación, a cargo dos seus compañeiros de aula, da obra “Lingua de Lata”, escrita por Francisco Oti e Julio Fernández.
A formación teatral, coordinada e dirixida por Paqui Abeledo, levou á escea unha obra chea de valores como a amizade e o respecto ao medio ambiente, ademais de poñer en valor a imaxinación como instrumento indispensable para comprender e entender o mundo e as relacións humanas. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*