Conferencias e rutas guiadas para lembrar os 210 anos do asedio a Monforte polas tropas de Napoleón

O historiador Felipe Aira ilustrou cunha ruta guiada aos estudantes do IES A Pinguela sobre a presenza das tropas de Napoleón en Monforte. GPDL

Monforte está a recuperar o seu pasado, cunha serie de actividades para conmemorar os 210 anos do asedio á cidade por parte dos exércitos de Napoleón. A iniciativa partiu da Asociación Amigos do Patrimonio de Lemos e o Concello de Monforte, que constituíron unha comisión para elaborar un programa de actividades.

CONFERENCIAS
O programa fixou para o 31 de maio unha conferencia, a cargo de Margarita Rodríguez Otero, sobre os acontecementos que viviu a cidade do Cabe no ano 1809.
A programación do 210º aniversario da presenza dos franceses en Monforte incluiu outra conferencia, o 7 de xuño, a cargo de José Fernando Navas Ramírez-Cruzado, sobre o batallón de Monforte e o comportamento heroico dos monfortinos.
As actividades tamén chegaron aos máis novos, a través de rutas guiadas. O historiador Felipe Aira explicou ao alumnado de 4º ESO do IES A Pinguela a impronta desta invasión, nun roteiro polas rúas de Monforte. •

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Maximiliano López amosa no Círculo Saviñao a súa obra máis recente

Seguinte Nova

Teatro entre amigos e con valores no IES A Pinguela

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

A %d blogueros les gusta esto: