Crónica del sur de Lugo

O Festival do Viño da Ribeira Sacra xa ten cartel anunciador

•Teresa Candal repite como autora do deseño promocional na terceira edición desta cita enolóxica, que terá lugar en Monforte do 5 ao 7 de xullo

O alcalde de Monforte en funcións, José Tomé, acompañado polos concelleiros Gloria Prada e José Luis Losada, na presentación do cartel do III Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2019, o pasado 7 de xuño. GPCM

A comezos de xuño, o Concello deu a coñecer o cartel que servirá de promoción do III Festival do Viño da Ribeira Sacra de Monforte 2019. O alcalde en funcións, José Tomé, acompañado polos concelleiros Gloria Prada e José Luis Losada, explicou en rolda de prensa os detalles do cartel.

IMAXE “SOBRIA E SERENA” PARA OS AMANTES DO VIÑO E DO SEU MUNDO
O deseño é obra de Teresa Candal, artista coruñesa licenciada en Belas Artes na especialidade de Deseño Gráfico, que acumula máis de 10 anos de experiencia, ademais de ter realizado varias exposicións na súa faceta de deseñadora e pintora. Tomé xustificou a elección deste cartel pola súa “imaxe sobria e serena”, e porque Candal elaborou unha proposta gráfica “dirixida a un público que desfruta do viño ou ten curiosidade polo mundo do viño”, público que abrangue “tanto á xente do rural como do urbano”.
O rexedor en funcións adiantou tamén que o programa de actos traerá animación para un público familiar, e música en directo. •

•O alcalde trasladou aos adegueiros os detalles da organización do III Festival do Viño da Ribeira Sacra

A reunión tivo lugar no salón de plenos do Concello de Monforte, o pasado 5 de xuño. GPCM

Nos días previos á presentación do cartel do Festival do Viño, o alcalde de Monforte mantivo unha reunión cos adegueiros que van participar no evento. A xuntanza, celebrada na Casa Consistorial o 5 de xuño, contou coa presenza de 14 dos 20 adegueiros que estarán no Malecón cos seus viños á venda durante o Festival de comezos de xullo.

“TOTAL SINTONÍA” NA XUNTANZA
O alcalde quixo transmitirlles aos participantes o programa e os detalles do Festival do Viño da Ribeira Sacra. A xuntanza, na que estiveron representantes da empresa monfortina contratada para organizar o Festival, discorreu “en total sintonía entre todos os participantes”, segundo destacou o rexedor local. Ademais de fixar propostas para mellorar o programa en futuras edicións, a reunión serviu para confirmar que, segundo os responsables municipais, adegueiros e Concello “comparten o mesmo obxectivo de promoción do viño, da Ribeira Sacra e de Monforte”. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre EVENTOS

Ir a Inicio