O Concello acondiciona a Lagoa do Parque dos Condes para os meses de verán

A limpeza da lagoa evita a acumulación de lodos e os malos olores durante os meses de calor. GPCM

A comezos de xuño, o Concello levou a cabo os traballos para limpar a lagoa do Parque dos Condes, e para acondicionar o seu entorno. Segundo explicou o alcalde en funcións, José Tomé, este espazo “é un dos máis emblemáticos de Monforte”, que atrae “a un maior número de turistas”, ademais de ser un lugar de paseo para a veciñanza.

LIMPEZA E DESBROCE
Logo dos correspondentes avisos enviados á Confederación Hidrográfica e á Consellería de Medio Ambiente, as brigadas municipais, co apoio dunha empresa local, procederon a eliminar os lodos acumulados na lagoa. Como paso previo, realizouse o baleirado da auga, para facer posible a limpeza en profundidade. O custe do aluguer da bomba correspondente ascendeu a 300 euros, aos que hai que sumar os case 4.600 euros polos traballos da empresa contratada.
Os traballos completáronse co desbrozado da zona colindante á lagoa, “para conseguir que esta área da cidade presente unha imaxe o máis apropiada posible”.•

Deixa unha resposta

Your email address will not be published.

Nova Anterior

Arrancan as Casas do Maior en Galicia

Seguinte Nova

O Festival do Viño da Ribeira Sacra xa ten cartel anunciador

Últimas noticias sobre GALERÍA

A %d blogueros les gusta esto: