Crónica del sur de Lugo

A Ribeira Sacra, no arranque da tempada dos Trens Turísticos de Galicia

•A Ruta da Ribeira Sacra polo Sil e a Ruta dos Faros estrearon o calendario deste ano, cun cheo total nas viaxes inaugurais

Unha das primeiras viaxes desta tempada dos Trens Turísticos de Galicia correspondeu á Ruta dos Faros, que tivo lugar o primeiro de xuño. GPXG

O mes de xuño serviu de arranque para a nova tempada dos Trens Turísticos de Galicia, que tivo á Ribeira Sacra como un dos seus protagonistas. A Ruta dos Faros e o itinerario da Ribeira Sacra polo Sil foron escollidas para dar paso, de xeito progresivo ao longo deste mes, á totalidade das 57 viaxes que ofrecen os 12 roteiros deste programa, impulsado pola Consellería de Cultura e Turismo coa colaboración de Renfe e do Instituto Ourensán de Desenvolvemento Económico (INORDE).
As dúas viaxes inaugurais contaron cun 100% de ocupación, ademais de rexistrar a presenza da directora de Turismo de Galicia, Nava Castro, e o delegado territorial da Xunta en Lugo, José Manuel Balseiro.
Na Ruta da Ribeira Sacra polo Sil, os visitantes achegáronse a Monforte de Lemos e ao mosteiro de Santo Estevo de Ribas de Sil, con visitas a adegas e un paseo en catamarán.
As viaxes dos Trens Turísticos de Galicia realízanse nas fins de semana dende xuño ata o mes de outubro. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio