Crónica del sur de Lugo

O Parlamento instou á Xunta a contratar este ano os proxectos para o desdobramento do corredor entre A Pobra e Nadela

A deputada autonómica do PP, Julia Rodríguez, e o deputado provincial José Antonio García, na valoración da iniciativa do Parlamento para o corredor de Sarria. GPXG

A Cámara galega aprobou, a mediados de maio, unha proposición non de lei promovida polo Partido Popular para que o Executivo autonómico contrate este ano os proxectos para desdobrar o tramo do corredor ente A Pobra de San Xulián e Nadela.

O TRAMO ENTRE A POBRA E SARRIA, O QUE MÁIS NECESITA A AMPLIACIÓN
A deputada do PP, Julia Rodríguez, precisou que a Xunta iniciou os traballos de desdobramento de 10 quilómetros entre A Pobra de San Xiao e Sarria “porque é onde se detectou que hai máis necesidade” desta ampliación do corredor, por tratarse “dun tramo cunha orografía complicada, con pendentes pronunciadas que reducen a velocidade do vehículo, e diminúen considerablemente a posibilidade de adiantamento”.
A deputada monfortina no Parlamento galego lembrou que o obxectivo da Xunta é licitar “este mesmo ano” as obras de conversión en autovía deste tramo, cun investimento de preto de 23 millóns de euros.
Julia Rodríguez salientou que a Xunta ten no horizonte a conversión en autovía de novos treitos, ata completar a totalidade do trazado entre Lugo e Monforte. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ECONOMÍA

Ir a Inicio