Crónica del sur de Lugo

16.200 euros en tarxetas regalo na campaña “Días Azuis do Comercio Galego”

A campaña “Días Azuis do Comercio Galego” presentouse en Lugo o 9 de maio. GPDTL

Do 13 ao 26 de maio, está en marcha unha nova edición desta campaña, que busca dinamizar o comercio de proximidade. A iniciativa, posta en marcha pola Federación Galega de Comercio, Abanca e a Xunta de Galicia, quere dar visibilidade ao pequeno comercio e fomentar o consumo nos establecementos de proximidade. Durante a campaña, os clientes dos comercios deberán rexistrar os tiquets de compra en www.diasazuis.com, o que lla rexistre o comerciante. Deste xeito, poderán participar no sorteo de 80 tarxetas prepago, das que 28 teñen un valor de 300 euros, e as outras 52 son de 150 euros. O sorteo realizarase ante notario o 29 de maio. A campaña intégrase no Plan Estratéxico de impulso ao comercio de Galicia, que está a desenvolver a Xunta con 55 accións concretas ata 2020. •

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre ASOCIACIONISMO

Ir a Inicio