Crónica del sur de Lugo

Monforte activa unha plataforma para reservas on line de instalacións deportivas por particulares

Imaxe dun dos campos de fútbol municipais de Monforte. GPCM

O uso de instalacións deportivas municipais en Monforte xa se pode reservar por internet. Dende o 13 de maio, o Concello ten operativa unha plataforma de aluguer deste tipo de espazos, destinado á cidadanía. A plataforma permite formalizar a reserva e efectuar o correspondente pago no enlace incluído na sección de Deportes da páxina www.monfortedelemos.es.
A xestión inclúe o alquiler do campo de fútbol Luis Bodegas e o pavillón da Pinguela. Deste xeito, calquer cidadá que queira facer uso destas instalacións poderá reservar as horas que deixan libres o Concello e os clubs deportivos. A iniciativa pretende dar cabida nos espazos municipais a eventos deportivos esporádicos e non organizados, como partidos entre amigos, segundo explicaron dende o Concello.
En concreto, o Luis Bodegas estará dispoñible para este tipo de aluguer de luns a venres non festivos, de 17,30 a 22,30 horas, o campo de fútbol 7 e o de fútbol 11. Así mesmo, o horario dispoñible do pavillón da Pinguela é de luns a venres non festivos, de 16,30 a 22,30 horas, tanto a cancha completa como media cancha para fútbol sala.
Haberá que reservar cun máximo de 7 días de antelación e ata 24 horas antes do seu uso.•

Deja un comentario

Your email address will not be published.

*

Últimas noticias sobre GALERÍA

Ir a Inicio